martes, 26 de novembro de 2019

Benvidos ao meu blog

Aquí comeza o meu blogue, no meu último curso de bacharelato, no cal engadirei información orientada ao que teño pensado estudar o ano que vén, ademais de orientacións cara persoas que aínda non saiban o lles gusta ou non están seguros de que estudar; para iso proporcionarei información acerca dos estudos que me parezan interesantes.

  • Lingua galega e literatura.
  • Lingua castelá e literatura.
  • Historia de España.
  • Matemáticas.
  • Inglés.
  • Bioloxía.
  • Química.
  • TIC.
  • Métodos estatísticos e numéricos.
  • Fundamentos da administración e a xestión.
Ben pois a verdade é que non teño ningunha sinatura favorita, podería dicir que bioloxía ou TIC, pero a verdade é que non, minguha me chama máis a atención que outra, porén inglés ou lingua castelá e literatura non é que sexa moi fan, quizás porque non son o que mellor se me de.

En canto aos meus estudos despois de bacharelato, nun principio tiña pensado facer farmacia na USC, porque me chama moito a atención o mundo da sanidade, os medicamentos, procesos e usos deles, mais finalmente creo que farei un ciclo superior de laboratorio clínico e biomédico, no C.I.F.P. Politécnico, porque me chaman moito as sinaturas que se cursan. Ademais despois se quero podo acceder a farmacia, aínda que recomendan facer a parte específica de ABAU para subir nota. Unha vez superado o ciclo si que se pode facer só a parte específica, non é obrigatorio facer a parte xeral.



  • Donde estudar farmacia?
    • Universidade Complutense de Madrid
      • Nota de corte:10.795
    • Universidade de Murcia
      • Nota de corte: 10.464
    • Universidade de València
      • Nota de corte: 10.85
    • Universidade de Santiago de Compostela
      • Nota de corte: 9.51
    • Universidade de Sevilla
      • Nota de corte: 9.54
    • Universidade do País Vasco
      • Nota de corte: 9.589





Saídas laborais

  • Algunhas delas son:
  • Actividades profesionais na que é necesaria achegar esta titulación  farmacéutica: 
    • Dirección técnica de almacéns de distribución de medicamentos
    • Corpos do servizo das Administracións Públicas (Sanidade Nacional, Inspectores farmacéuticos do  SNS, Atención Primaria, Farmacia militar)
  • Actividades profesionais que os farmacéuticos poden desenvolver en libre competencia con outros profesionais sanitarios:
    • Diversas funcións dentro da Industria farmacéutica, química, veterinaria ou cosmética, como  Product  Manager participando no desenvolvemento e lanzamento de produtos novos, como  Regulatory  Affairs rexistrando e validando os novos produtos ou mesmo formando parte do equipo de Marketing e Comunicación no desenvolvemento da marca ou da imaxe do produto, ou formando parte do equipo comercial da marca co fin de dar a coñecer diferentes referencias.
    • Análises clínicas (Bioquímica clínica,  Parasitología e  Microbiología). Moitos dos farmacéuticos que acceden a estes empregos proceden da especialización realizada tras o  FIR no Hospital, como residentes
    • Docencia e Investigación: neste caso pode ser a nivel privado en centros de formación e público na Universidade ou outro tipo de centros docentes públicos. Para estes dous últimos é necesaria formación complementaria, como o doutoramento ou o Curso de Adaptación Pedagóxica e, nalgúns casos, precísase superar un concurso oposición.

O farmacéutico poderá optar a un maior número de saídas profesionais se engade á súa formación unha titulación complementaria que poderá completar máis facilmente grazas a coñecementos previos que lle validen ao redor de ramas como a  ortopedia, óptica,  radiofarmacia ou para postos como técnico no medio Ambiente, técnico asesor nutricional ou analista  bromatológico.

En resumo podemos ver que as saídas tras estudar Farmacia son variadas e a elección da mellor saída profesional en farmacia dependerá das inquietudes profesionais que teña cada alumno dentro dun amplo abanico de posibilidades.

Consellos para levar os nervios a durante o curso:
Si que é certo que en maior ou menor medida todos os alumnos de bacharelato temos nervios, sobretodo no segundo curso, con moito máis temario e menos tempo.

  • Confianza nun mesmo, pode soar moi típico, pero si, moitas persoas dubidan das súas capacidades á hora de estudiar ou desenvolver un tema á hora do exame.
  • Organización: planea os teus días, estudando cada día un puuco.
  • Se te agobias cunha materia pasa a outra, ou fai algunha actividade que te distraiga e logo retomas.
  • Non te sintas culpable por non haber empezado antes ou por agobiarte á hora de querer estudar, non foi tempo perdido, tempo perdido é se non o intentaras ou andiveras a outras cousas sen darlle importancia aos estudos.
  • Se suspendes algún exame, hai recuperacións, e se suspendes en maio, vas a xuño e preséntaste á convocatoria de xullo da ABAU, en caso de querer facela. En caso de suspender e repetir curso, pois non ten porque ser un ano perdido, podes ir a unha escola de idiomas, preparar mellor as materias, entre outras cousas.














1 comentario:

  1. Yo de ti intentaría hacer farmacia, es bastante interesante, la verdad. Nunca había visto a nadie que quisiera hacer farmacia. Pero si al final haces el ciclo de laboratorio clínico y biomédico,¡ mucha suerte!

    ResponderEliminar