martes, 10 de decembro de 2019

Saídas laborais

Aquí veremos algunhas:
  • Actividades profesionais na que é necesaria achegar esta titulación  farmacéutica: 
    • Dirección técnica de almacéns de distribución de medicamentos
    • Corpos do servizo das Administracións Públicas (Sanidade Nacional, Inspectores farmacéuticos do  SNS, Atención Primaria, Farmacia militar)
  • Actividades profesionais que os farmacéuticos poden desenvolver en libre competencia con outros profesionais sanitarios:
    • Diversas funcións dentro da Industria farmacéutica, química, veterinaria ou cosmética, como  Product  Manager participando no desenvolvemento e lanzamento de produtos novos, como  Regulatory  Affairs rexistrando e validando os novos produtos ou mesmo formando parte do equipo de Marketing e Comunicación no desenvolvemento da marca ou da imaxe do produto, ou formando parte do equipo comercial da marca co fin de dar a coñecer diferentes referencias.
    • Análises clínicas (Bioquímica clínica,  Parasitología e  Microbiología). Moitos dos farmacéuticos que acceden a estes empregos proceden da especialización realizada tras o  FIR no Hospital, como residentes
    • Docencia e Investigación: neste caso pode ser a nivel privado en centros de formación e público na Universidade ou outro tipo de centros docentes públicos. Para estes dous últimos é necesaria formación complementaria, como o doutoramento ou o Curso de Adaptación Pedagóxica e, nalgúns casos, precísase superar un concurso oposición.

O farmacéutico poderá optar a un maior número de saídas profesionais se engade á súa formación unha titulación complementaria que poderá completar máis facilmente grazas a coñecementos previos que lle validen ao redor de ramas como a  ortopedia, óptica,  radiofarmacia ou para postos como técnico no medio Ambiente, técnico asesor nutricional ou analista  bromatológico.

En resumo podemos ver que as saídas tras estudar Farmacia son variadas e a elección da mellor saída profesional en farmacia dependerá das inquietudes profesionais que teña cada alumno dentro dun amplo abanico de posibilidades.


Ningún comentario:

Publicar un comentario